Skip to main content
Monforte

Novo punto de vacinación en Monforte

Por 25 Maio, 2021Sin comentarios

A Consellería de Sanidade habilitou unhas céntricas instalacións en Monforte de Lemos que permiten duplicar a capacidade de vacinación no sur da provincia de Lugo. O edificio do antigo colexio Sagrado Corazón foi remodelado e equipado expresamente para este fin.

Hoxe mesmo están convocados as primeiras 450 persoas que se vacinarán contra a covid19 neste inmoble, aos que seguirán mañá outras 450 tamén de entre 50 e 59 anos. Para o xoves citouse por segunda vez a quen, querendo vacinarse, non puido facelo na data na que se lle chamou; e entre o venres e o sábado pasarán por este espazo 1.385 persoas de entre 65 e 69 anos para recibir a segunda dose.

As instalacións contan con seis postos de vacinación, fronte aos tres que se podían utilizar ata o de agora, e dispoñen de entrada e saída independentes e zonas de espera. Así mesmo, afirmouse que o edificio se atopaba en bo estado e contaba cunha boa distribución de espazos, algo que se prestaba para acondicionar puntos de vacinación, así como para distribuír o fluxo de usuarios atendendo aos  protocolos sanitarios.

Con este traslado, apuntouse, “dobramos o número de postos de vacinación e facilitamos asistencia mañá e tarde de luns a domingo, dado que non interfire nin se ve condicionada pola actividade do hospital”.

Este será o punto de vacinación de referencia xeral para os veciños e veciñas do sur da provincia, usuarios do Hospital comarcal de Monforte de Lemos, polo que tamén resulta cómoda a súa ubicación fronte á estación de autobuses.