Skip to main content
Monforte

Monforte adquire un novo tractor segadora

Por 25 Maio, 2021Sin comentarios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo novo tractor segadora do Concello destinado a facilitar os traballos de desbroce e corte de céspede das brigadas municipais de medio ambiente. No acto estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada.

Este novo vehículo municipal para o departamento de medio ambiente foi adquirido polo Concello á empresa monfortina Agrícola Pérez por un importe de 17.800 euros (ive engadido).

“Con este novo vehículo”, destacou o alcalde, “facilitamos ó noso persoal de servizos e de medio ambiente a realización dos traballos de sega, corte de céspede ou desbroce a través dun noco tractor segadora da marca New Holland, que está equipado cunha plataforma de corte e cun cargador frontal con cazo.”

Especificacións técnicas do novo tractor segadora

O novo vehículo adquirido polo Concello, que é o modelo BoomerTM 25 Compact da marca New Holland, é un tractor compacto, resistente, e versátil preparado para desenvolver tarefas relacionadas co paisaxismo, a xardinería e os labores de mantemento dos espazos públicos axardinados. Polo seu tamaño compacto, é fácil de manexar e manobrar para evitar obstáculos e desenvolverse en espazos reducidos, o cal permite traballar con eficiencia e custos reducidos.

As súas características principais son a transmisión ás catro rodas (tracción total), a segadora ventral, a capacidade da pala frontal, un maior caudal hidráulico, que aporta unha eficiente labor cos apeiros, unha transmisión hidrostática de 2 gamas, o que ofrece opcións de velocidade infinitas para adecuala ás necesidades do traballo e a potencia de carga e segado.