Skip to main content
Monforte

A oficina de Aqualia en Monforte atoparase pechada o venres

Por 27 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte informa que a oficina de atención ó cliente de Aqualia permanecerá pechada este venres 28 de maio pola festividade da  Patroa da Auga, Nosa Señora da Luz (celébrase o 1 de xuño, pero o festivo trasládase ó venres 28 de maio). 

Dende Aqualia, empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento de augas do Concello de Monforte, indícase que para calquera xestión, consulta ou aviso, o aboado sigue  tendo á súa disposición os seguintes teléfonos: atención ó Cliente no 900 813 357, avarías no 900 813 047  e entrega de leituras en el 900 813 048.

Do mesmo xeito, tamén está dispoñible a oficina virtual na páxina web www.aqualia.es.