Skip to main content
Monforte

Adxudicadas obras de mellora de infraestructuras nun tramo de Monforte-Lugo

Por 27 Maio, 2021Maio 29th, 2021Sin comentarios

Adif aprobou a adxudicación dun contrato para o tratamento de elementos de infraestrutura (pontes, terrapléns e trincheiras) nun tramo de aproximadamente 14 km do traxecto Monforte de Lemos-Lugo.

O contrato comprende o tratamento de 14 pontes, un terraplén e tres trincheiras entre os puntos quilométricos 361/143 e 375/305 da liña Palencia-A Coruña, entre Monforte de Lemos e Rubián, e foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Dragados e Tecsa por importe de 3.207.183,84 euros (IVE incluído).

Tamén se mellorará a drenaxe da infraestrutura, mediante a construción de novos elementos de drenaxe e a limpeza e adecuación dos xa existentes.

Estes traballos, cun prazo previsto de 6 meses e 15 días, forman parte dos proxectos de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e perseguen unha dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo. Ademais, servirán para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que traerán consigo as actuacións de mellora previstas neste tramo.

Esta actuación contribúe á consecución do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible ( ODS) 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura), que ten entre as súas metas o desenvolvemento de infraestruturas fiables, sostibles, resilientes e de calidade.