Skip to main content
Monforte

Charla sobre o concepto Fatiga pandémica no Ateneo de Monforte

Por 28 Maio, 2021Sin comentarios

O sábado ás 12:30 horas, o Ateneo Casino de Monforte acolle unha charla sobre un concepto non tan novo como é o de Fatiga pandémica.

A psicóloga colexiada Mª Luz Vázquez Fernández analizará como se chega á fatiga pandémica e ofrecerá consellos para saír dela a través do coidado do noso corpo e das nosas emocións. 

A entrada é libre con previa reserva polas limitacións sanitarias.

Para máis información ou para inscribirse pódese contactar co número de teléfono 648 435 033.