Skip to main content
Monforte

Monforte xa disfruta das novas instalacións do Parque da Compañía

Por 30 Maio, 2021Maio 31st, 2021Sin comentarios

Inauguradas as novas instalacións do Parque infantil da Compañía, tras concluir as actuacións de mellora e ampliación da área de xogos de dito parque.

“Dende hoxe, os nenos e nenas de Monforte xa poden disfrutar das novas instalacións da área de xogos do Parque da Compañía, que é un dos lugares que acapara unha maior actividade da cidade, sobre todo no referente ó esparcemento e lecer da poboación, así como á presenza de turistas, o que fai que a súa área de xogos sexa a máis utilizada pola poboación infantil, que en moitos momentos abarrotan dita instalación. Por todos estes motivos, dende o Equipo de Goberno do Concello consideramos que era moi necesaria esta ampliación y estamos seguros de que será todo un éxito” sinalaron dende o Concello.

Recentemente, tamén se inaugurou a pista de Skate, que se ubica na parte media do extremo sur do Parque da Compañía, polo que “coa nova actuación sobre a área de xogos do Parque infantil da Compañía que vimos de inaugurar hoxe, acadamos unha ampla zona de esparcimento para os nosos rapaces e xóvenes no centro da cidade”.

Mellora da área de xogos do Parque Infantil da Compañía

O proxecto de mellora do Parque Infantil da Compañía foi adxudicado á empresa Calfensa Proyectos SL, e contou cun investimento de 145.164,91 euros (ive engadido), sendo a súa financiacion, na súa totalidade, con fondos municipais. As obras de mellora e ampliación deron comezo no mes de xaneiro deste ano 2021.

O alcalde destaca que “trátase dun importantísimo proxecto para a nosa cidade, pero sobre todo para os nosos nenos e nenas e as súas familias, porque a través del non só levamos a cabo unha ampliación da área infantil, senón tamén a renovación integral de todo o parque existente, tanto do chan como da área de xogos, das zonas axardinadas, dos pavimentos e da fonte ornamental.”

As actuacións no Parque da Compañía consistiron na ampliación da área de xogos, que foi dotada de novos elementos de xogo, inclusivos e adaptados, e de novo mobiliario urbano.

Dita ampliación da área de xogos conlevou tamén o reacondicionamento das zonas axardinadas, dos accesos pavimentados, o aumento do vallado perimetral de acordo coa ampliación da nova área, a mellora das redes de abastecemento do sistema de rego, así como do alumado público e saneamento, a instalación de mobiliario público (bancos) e unha nova da zona do Parque onde se sitúa dita área de xogos.

Á súa vez, renovouse o pavimento de caucho dos elementos da antiga área de xogos que, debido ó seu elevado uso e o tempo transcorrido desde a súa creación, presentaban un estado algo gastado para a función de protección ante posibles caídas dos nenos e das nenas para a que fora instalado.

Igualmente, aproveitouse para mellorar as condicións da fonte ornamental que preside a entrada do Parque Infantil, dotándoa dunha valla perimetral protectora e dun sistema de alumeado de cores automático.