Skip to main content
A Pobra do Brollón

Aberto o prazo de matrícula para Xoaniñas Casa Niño na Pobra do Brollón

Por 8 Maio, 2021Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de matrícula para Xoaniñas Casa Niño, un recurso de atención á infancia no rural que é gratuíto para as familias e ao que poden acceder nenos e nenas de entre 3 meses a 3 anos do concello da Pobra do Brollón ou dun concello limítrofe que non dispoña de recursos de atención a infancia. Este tipo de escola é un recurso que conta con garantías de seguridade e de calidade e que só pode chegar a un máximo de 5 nenas e nenos.

O prazo de inscripción está aberto dende o 1 ao 14 de maio para o curso 2021/22 na casa niño Xoaniñas, na parroquia de Piño. Para concertar cita pódese chamar ao 678 960 094 ou enviar un correo a xoanenos@gmail.com.