Skip to main content
Quiroga

O alcalde de Quiroga renuncia á retribución pola súa dedicación exclusiva

Por 5 Maio, 2021Sin comentarios

A Comisión de Asuntos do Pleno reuniuse na mañá de onte para aprobar tres puntos que se tratarán na sesión plenaria que se celebrará este venres.

O primeiro dos puntos aprobados para o seu debate no pleno é a renuncia por parte do alcalde, Julio Álvarez, á retribución pola súa dedicación exclusiva por motivos de saúde. O rexedor local renuncia aos 42.000 € brutos que ten asignados anualmente e o equipo de goberno propón que se repartan entre todos os concelleiros, incluídos os da oposición, posto que no seu momento aprobárase por unanimidade esta asignación ao alcalde. O reparto sería de 300 € brutos pola asistencia a cada unha das comisións ou sesións plenarias, limitados a dúas asistencias ao mes, agás no caso do rexedor local que percibiría asistencia por acudir ás comisións e aos plenos que se celebren.

O segundo punto aprobado na comisión foi a aprobación do regulamento para a utilización do futuro Cemiterio Civil Municipal.

Por último, segundo o aprobado na comisión, darase conta na sesión plenaria do convenio asinado con Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para axudar aos autónomos e pequenas empresas que tiveron que pechar o seu negocio con motivo das medidas sanitarias. Coa firma deste convenio, estes empresarios locais recibirán unha axuda e 1.000€ que complementará as axudas que perciban da Xunta de Galicia e que forman parte do I Plan de Axudas do Concello de Quiroga polo que autónomos e empresarios quedaron libres do pago do recibo da auga e lixo do primeiro trimestre do 2021.