Skip to main content
Quiroga

O PSOE de Quiroga doa 1.000 euros a asociacións da vila

Por 16 Maio, 2021Sin comentarios

O Voceiro da Agrupación Socialista de Quiroga, Vicente Parra avanzou que van a seguir colaborando economicamente coas asociacións da vila, “co fin de que poidamos aportar o noso pequeno grao de area a mellorar as actividades culturais e as dotacións públicas de Quiroga, así como comprar material como mascarillas para os autónomos”.

Concretamente doarán 200 euros “para Asociación de veciños de Margaride para contribuír a impulsar unha festa gastronómica moi concorrida na vila, como é a festa dos chourizos”. Ademais achegaron outros 500 euros para mercar mascarillas para tódolos autónomos de Quiroga. E por último outra axuda económica de 300 euros para á Asociación sen ánimo de lucro Quiroga en Marcha, co fin de que poidan pintar un novo mural de arte na rúa.

Vicente Parra lembrou que a “Agrupación Socialista comezou con esta folla de ruta de doazón das dietas pola asistencia ao plenos fai 2 anos, “e esa vai seguir sendo o noso camiño, contribuír coas nosas pequenas aportacións económicas para apoiar aos colectivos e as asociacións que traballan por Quiroga, tanto culturalmente como aos sectores produtivos do pobo, como son o noso pequeno comercio”, resumiu.