Skip to main content
Quiroga

Quiroga organiza o proxecto fotográfico Mulleres da vila

Por 22 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Quiroga, a través do Centro de Información á Muller, está a organizar un proxecto fotográfico denominado Mulleres da Vila. Trátase dun reportaxe fotográfico das mulleres emprendedoras da vila que se levará a cabo a vindeira semana.

As mulleres empresarias que queiran participar na elaboración deste reportaxe fotográfico que quedará na súa propiedade, soamente terán que anotarse (982.43.89.51) e comprometerse a elixir unha das fotos coas que se sintan máis representadas para a súa exposición.

O proxecto está limitado a quince mulleres polo que entre todas as inscritas elixirase unha representación de cada unha das actividades laborais do municipio. As fotos realizaraas unha empresa especializada que se desprazará ata o establecemento de cada muller emprendedora escollida.

Con este proxecto o concello pretende visibilizar ás mulleres emprendedoras e empresarias do municipio como recoñecemento a ese plus de valentía que ten o iniciar negocios en lugares pequenos.