Skip to main content
O Saviñao

Obras de renovación nun parque infantil en Escairón

Por 11 Maio, 2021Sin comentarios

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, asinou esta mañá a acta de inicio das obras de renovación dun dos dous parques infantís de Escairón, o situado na rúa Xan de Forcados.

Trala sinatura da acta deron comezo as actuacións que consistirán na colocación dun chan acolchado acorde coa normativa, na substitución dos seus elementos por outros novos, na instalación dunha tirolina e na construción do seu peche perimetral. As obras dispoñen dun prazo de execución de 20 días.

O alcalde destaca que se trata dunha “inversión importante” que suporá a mellora destas instalacións públicas que “estarán axiña dispoñibles para o seu uso por parte dos máis pequenos do municipio”.  Concretamente, esta actuación conta cun investimento de 102.218 euros.