Skip to main content
Sober

Sober suma unha nova centenaria

Por 4 Maio, 2021Sin comentarios

Onte cumpriu 100 anos María Pérez Arias na súa casa da Vacariza (Neiras). Pasou o día coa súa filla, o seu xenro e os 3 netos que residen no seu mesmo domicilio. O domingo recibiu a visita do resto de fillos e netos e onte tamén a do alcalde que lle entregou un ramo de flores en nome do Concello.

Sober conta a día de hoxe con 13 centenarios, 10 mulleres e 3 homes.