Skip to main content
Sober

Comeza a campaña de vacinación da rabia en Sober

Por 17 Maio, 2021Sin comentarios

O alcalde do Concello de Sober, Luís Fernández, anuncia mediante un comunicado que se vai a proceder á campaña anual de vacinación da rabia, identificación e desparasitación canina neste termo municipal.

A campaña é voluntaria pero recórdase ós propietarios de cans que segundo o Decreto 90/2002, dende o ano 2002 é obrigatorio, sen excepción, ter os cans identificados con microchip así como terlles pasaporte ou cartilla sanitaria.

A vacinación farase casa por casa, por estar prohibida a concentración de cans. Os interesados deberán chamar ó número do veterinario do recorrido Xosé Tomé (689 10 35 94) o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza o  vindeiro venres 21 de maio e farase pola mañá.

O calendario da campaña será: o venres 21 de maio as parroquias involucradas serán Canaval, Vilaescura, Rosende e Millán; o luns 24 de maio será en Refoxo, Sober, Proendos e Liñarán; o martes 25 en Anllo S.E. e en Anllo S.M.; o xoves 27 en Figueiroá, en Bolmente e Barantes; o venres 28 en Santiorxo, Pinnol e Lobios; o martes 1 de xuño en Gundivós; o mércores 2 de xuño en Amandi e Doade; o venres 4 de xuño en Neiras e, finalmente, o luns 7 de xuño en Bulso e Sta. Cruz.