Skip to main content
Sober

Sober celebra dous aniversarios centenarios

Por 24 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober felicita á avoa da localidade, que cumpriu no día de onte 107 anos. María Dolores González Díaz, máis coñecida como Lola da Pena de Gundivós, celebrou onte o seu 107 aniversario na compaña da súa filla, netos e bisnetos.

Así mesmo, a vila continúa de celebración no día de hoxe. Sober felicita a Pura Díaz Paramo polo seu 104 cumpreanos. Pura estivo acompañada para a celebración polo seu fillo José Antonio e a súa compañeira Rosa. A centenaria reside na casa onde naceu, no lugar Santiorxo.

O Concello de Sober conta así con 13 persoas centenarias, 10 mulleres e 3 homes