Skip to main content
Sober

Marica Campo presenta o martes o seu libro Nós outras en Sober

Por 30 Maio, 2021Sin comentarios

O vindeiro martes día 1 de xuño, ás 19:30 horas, Marica Campo visitará Sober para falar do seu libro Nós outras, unha obra de poesía infantil complementada con ilustracións da artista plástica Menchu Lamas. Así mesmo, a obra vertébrase ao redor de valores como a diversidade, a inclusión e a liberdade. A presentación será no auditorio do Centro Sociocultural de Sober.

Marica Campo é unha das autoras máis destacadas da Literatura galega que abordou os xéneros narrativo, poético, teatral e xornalístico. Foi tamén tradutora e participante en numerosas obras colectivas. Desenvolveu a súa traxectoria profesional na provincia de Lugo, onde exerceu como docente no ensino secundario.

A obra vén de ser elixida como a mellor edición do ano 2020 no panorama editorial galego: Premio Follas Novas do Libro Galego.

No acto participará tamén Antón Lopo, autor, xornalista, e unha das figuras promotoras do proxecto Chan da Pólvora que aposta polos discursos periféricos e diversos, especialmente no eido poético.