Skip to main content
Sarria

Sarria queda outro ano máis sen Bienal de Arte

Por 12 Maio, 2021Maio 14th, 2021Sin comentarios

Sarria queda, por segundo ano consecutivo, sen a Bienal de Arte, que aprazará o encontro ata o 2022. Esta celebración, que se levou a cabo por última vez en 2019 onde logrou expoñer 150 obras, xuntaba a artistas de todo o mundo que expoñían os seus traballos.  Así mesmo, tamén se creaban obradoiros relacionados coa arte e coa súa historia.

A pesar disto, sí que se levará a cabo unha pequena exposición en homenaxe ao escultor sarriao José Díaz Fuentes, artista que puxo en marcha esta iniciativa en 2005. Esta cita xa estaba prevista para o ano pasado, cando se cumplían dez anos do seu falecemento, sen embargo, a causa da covid19, non se puido levar a cabo. A exposición celebrarase na segunda parte de xullo, nunha data que aínda non está posta, onde participarán entre 15 e 20 artistas da zona e de Francia. Así mesmo, o encontro está organizado pola escultora Florence Normier, viúva do artista, xunto a Mina Vrillet.