Skip to main content
A Pobra do BrollónO Incio

Denuncian o mal estado da estrada que une A Pobra do Brollón co Incio

Por 10 Maio, 2021Maio 11th, 2021Sin comentarios

O mal estado da estrada autonómica LU-653 que une A Pobra do Brollón e O Hospital do Incio será levado ao Parlamento de Galicia. O asfalto da estrada está moi  deteriorado, afectando a comunicación dunha decena de parroquias e 750 habitantes.  

O goberno da Pobra do Brollón e o grupo parlamentario do BNG presentaron ó Parlamento de Galicia unha proposición para instar á Xunta de Galicia a axilizar o  asfaltado de dita estrada. 

“A LU-653 é unha vía fundamental para a comunicación das persoas e a vertebración  socioeconómica do noso concello”, afirma o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. “É de vital importancia actuar xa para mellorar o seu estado porque está próximo a intransitable”, apuntou.