Skip to main content
O Páramo

As obras de construción dun anfiteatro no Páramo están cada vez máis preto

Por 29 Maio, 2021Maio 31st, 2021Sin comentarios

O Concello do Páramo segue a traballar no proxecto para a construción dun anfiteatro no penedo do campo da feira, co que pretenden poñer en valor a zona desde un punto de vista xeolóxico e turístico. A obra suporá un coste de 56.310 euros e estará a cargo da empresa Cholo SL, que acaba de contratar o concello.

A instalación situarase diante do centro de saúde da localidade e a coñecida como casa do médico, onde se sitúa a gran rocha, en forma de media lúa, que se aproveitará para crear o anfiteatro. Así mesmo, será o primeiro anfiteatro de Galicia tallado nunha pedra viva con máis de 200 millóns de anos de antigüidade.

O proxecto está financiado nun 70% pola subvención do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Miño-Ulla e cóntase que os traballos finalicen no mes de outubro.

Valéndose do desnivel natural da pedra prevese xerar unha bancada en tres alturas. O obxectivo é destinar o novo espazo a actividades culturais e mesmo servir de complemento a actividades infantís.

A contorna do anfiteatro contará con iluminación que realce e potencia as calidades da rocha. Ademais a zona contará con unha pavimentación de pedra e outra zona de formigón, pola que poderá pasar o tráfico rodado de xeito puntual.