Skip to main content
Sarria

Sarria loce un mural de Xela Arias

Por 1 Maio, 2021Maio 2nd, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria vén de promover un mural da poetisa local Xela Arias, así, o artista Mon Devane está a decorar unha mediana dunha casa coa imaxe da autora que este ano honra o Día das Letras Galegas.

A imaxe escollida polo artista ourensán é unha das máis recoñecidas de Xela Arias, e foi o escollido polo Concello pola súa longa traxectoria en este tipo de murais como os realizados nas Estrellas del Camino, unha exposición de sete murais realizada ao longo de todo o Camiño Francés, en lugares como Triacastela, Sarria e Portomarín.

O mural loce na rúa Xela Arias, antiga rúa José Antonio, e pode verse no lateral dunha casa que se atopa preto da Casa da Cultura e dunha pequena zona de descanso, e ademais e moi visible por aqueles visitantes que entren na vila polo corredor.