Skip to main content
Sarria

Sarria continúa co proxecto de rexenerar as pistas municipais

Por 3 Maio, 2021Maio 6th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria constituíu unha brigada municipal de rebacheo con seis operarios e dous maquinistas que serán dirixidos polo encargado de medio rural, e que empregarán a maquinaria necesaria de propiedade municipal. O obxectivo é solucionar a deterioración das pistas de titularidade municipal mentras non se logra a través dos 4 proxectos que se impulsaron de rexeneración e reparación mediante aglomerado quente.

As pistas que se amañaron foron de Mendrós, Santa María de Vilar, Mazadoiro, campo de fútbol – Aceas- Farbán, Reñia, Betote – Treilán, Céltigos.

Desta forma, tamén se están a rexenerar mediante regas asfálticas de imprimación as de Granxa Barreiros – Ortoá – límite Paradela- Goyán; Vilasante – Polvoeiro; Farbán; Mazadoiro; Santalla . Arxemil; San Andrés; Cima de Vila; Mundín – Lier; entre outras, en espera a que a rexeneración se poida realizar mediante aglomerado quente.