Skip to main content
Sarria

Xurxo Souto impartiu un obradoiro literario en Sarria

Por 8 Maio, 2021Sin comentarios

O polifacético artista Xurxo Souto impartiu un obradoiro literario sobre a relación entre poesía e música no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Unha tarefa na que amosou a profesión pola que non será tan coñecido pero na que descubrimos o pouso de profundidade e transcendencia de toda a súa arte.

Xurxo fixo viaxar ao alumnado coas súas verbas. A través de lendas, cancións, regueifas e poemas deu a coñecer mundos novos e fixo as delicias dos rapaces e rapazas. Esta actividade enmarcada dentro do programa de innovación educativa “Club de Letras” tratou de desenvolver a faceta máis creativa do alumnado expresando as emocións ao mesmo tempo que lle puñan música as rimas. Dentro deste programa no centro tamén houbo un taller de expresión das emocións a través da danza moderna impartido por Jandro Pallares e próximamente haberá un taller de Graffiti.