Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Aberto o prazo de inscrición para o campus Hermanos Diz

Por 10 Maio, 2021Maio 11th, 2021Sin comentarios

Dende o día de hoxe, 10 de maio, ata o 27 de xuño, podédesvos inscribir no campus Hermanos Diz que se vai celebrar en Sarria entre o 4 e o 10 de xullo. O campus está organizado polo clube Os Meigallos xunto con Antonio e con Álex Diz, xogadores do Noia Portus Apostoli FS e do Burela Pescados Rubén FS respectivamente.

Este ano, a inscripción, poderase facer de varias maneiras: inscribirse en Sarria, na rúa do Peregrino, Nº37-2ºC, 27600; inscribirse en Lugo, na tenda de deporte Somos Fútbol ou inscribirse de forma online.

Se a inscripción é de maneira online, hai que cubrir un formulario de inscripción, realizar o ingreso na conta de Caixa Rural indicada no formulario e, finalmente, enviar por correo electrónico o xustificante de pago e os datos sanitarios.

Para calquera dúbida ou para máis información, podedes contactar a través das redes sociais na páxina do propio campus.