Skip to main content
Sarria

Sarria queda sen luz a causa dunha avaría da compañía eléctrica

Por 26 Maio, 2021Sin comentarios

A avaría de Sarria deixou sen suministro eléctrico a varias zonas da vila nas que se atopaban o Malecón, Diego Pazos, Formigueiros ou As Insuas. A hora na que empezou o problema foi sobre ás 13:10 horas do mediodía, unha hora bastante conflitiva sobre todo para os hostaleiros e comerciantes da zona do casco urbano, xa que o desarranxo non se chegou a amañar ata as 14:30 nalgúns casos e noutros ata as 15:40; cando a clientela xa é moito menor e xa non se serven tantas comidas.

Desta forma, moitos dos bares e restaurantes tiveron que tirar de enxeño para poder sacar o máximo traballo cara diante, como cociñar cunha lanterna ou coa propia luz do móbil. As farmacias tamén saíron prexudicadas xa que as baterías de acumulación nos ordenadores que dispoñen non conseguen durar tanto tempo.