Skip to main content
Sarria

Reunión para abordar a seguridade viaria dos peregrinos en Sarria

Por 27 Maio, 2021Sin comentarios

Responsables en Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e da Axencia de Turismo de Galicia, xunto con membros da Deputación, mantiveron no día de onte unha xuntanza co presidente da asociación de Amigos do Camiño de Santiago da comarca de Sarria, Jorge López, na que trataron cuestións relacionadas coa seguridade viaria dos peregrinos ao percorrer as partes da estrada autonómica que coinciden co trazado da ruta xacobea. 

A reunión serviu para analizar a situación actual e coñecer as principais necesidades que observa o colectivo. Nos últimos anos houbo varias actuacións de mellora da seguridade no Camiño Francés, como o repintado da sinalización horizontal da LU-633, a mellora da sinalización nos cruces da ruta coa estrada autonómica ou a ampliación de tramos demasiado estreitos. Tamén destacouse que a Administración galega traballa para executar novas actuacións específicas de mellora da seguridade no Camiño co fin de favorecer un tránsito cómodo para os peregrinos, como usuarios vulnerables das vías.