Skip to main content
Axenda Caducada

A exposición de Martín de Pedrozelos chega a Triacastela en xuño

Por 6 Maio, 2021Xuño 30th, 2021Sin comentarios

Triacastela acollerá entre o 18 e o 30 de xuño a exposición do trobador medieval Martín de Pedrozelos. Trátase dunha mostra didáctica que recolle as dez cantigas, nove de amigo e unha de amor, desta importante figura da lírica medieval galegoportuguesa que, a dicir dalgúns investigadores, foi orixinario de Samos. 

A exposición tamén estará en xullo en Samos e O Incio; en agosto no Courel e Portomarín, e en setembro en Pedrafita do Cebreiro.

A exposición, que se atopa na iniciativa O teu Xacobeo, que depende da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, persegue que a celebración deste Ano Santo sexa máis participativa e chegue a todo o territorio.