Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza inviste en obras de limpeza e acondicionamento

Por 15 Maio, 2021Maio 17th, 2021Sin comentarios

Os operarios municipais do Concello da Pastoriza están a efectuar a limpeza e acondicionamento de diferentes puntos verdes e de servizo de augas do termo municipal.

Así, nos últimos días acometeron a limpeza e roza da praia fluvial de Baltar, limpeza dos depósitos da auga en Fontemiñá, Pousada e Gueimonde.

Así mesmo fíxose a limpeza da estación de bombeo de Fontemiñá, e rematouse coa roza da fonte de Foxaca e o arranxo do acceso á traida de auga da balsa de Loboso.

Continuaron coa limpeza do paseo de Bretoña, a limpeza e roza do aparcadoiro igrexa da Pastoriza, limpeza de rúas e da praza de Bretoña, e a limpeza da estación de bombeo do Carrizal.

Así mesmo realizouse a roza no colexio de Bretoña e o acondicionamento no Carrizal dunha bomba para a balsa de auga.