Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

O servizo de Atención Temperá de Guitiriz, Xermade e Vilalba recibe unha subvención

Por 9 Maio, 2021Maio 10th, 2021Sin comentarios

Os concellos de Xermade, Guitiriz e Vilalba recibiron unha subvención da Xunta de Galicia para a posta en marcha dun Punto de Atención Temperá, ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá publicada no DOG de 26 de xaneiro 2021.

Trátase dun servizo dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e a súa contorna, co obxectivo de dar resposta o máis axiña posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten as crianzas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Reciben deste modo a concesión de 1.760 horas anuais para un equipo multidisciplinar formado por logopeda, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, que prestarán os seus servizos nos tres municipios, con cargo a esta subvención, de 34.236,61 euros. Deste xeito, as crianzas e as súas familias poden recibir esta asistencia nos seus municipios de residencia, sen necesidade de desprazarse á capital lucense.