Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalba FS organiza un campamento a final de xuño

Por 24 Maio, 2021Sin comentarios

O Vilalba FS organiza este ano a segunda edción do Campus Mixto, que está convocado para celebrarse entre o 28 de xuño e o 2 de xullo.

Durante este campamento desenvolveranse actividades de fútbol sala, baloncesto, tenis e moitos outros deportes en xornada continuada de 9.30 a 19.30 horas con comida incluída.

Este campus está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos e os que desexen anotarse teñen aberto xa o prazo. Está organizado por Valdesuso Peugeot Vilalba FS e informará sobre o mesmo todos os martes, xoves e venres no pavillón municipal de Vilalba entre as 18.00 e as 21.00 horas. Tamén ofrecen información nos teléfonos 639 620 978, 647 917 259 e no 628 529 172; ademais de no correo vilalbafs@yahoo.es.

O campamento terá un prezo de 180 euros por neno e de 150 para os irmaos.