Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Prata na Copa do Mundo para os seteiros ponteses

Por 24 Maio, 2021Sin comentarios

O equipo español de tiro con arco, integrado polos seteiros das Pontes Dani Castro e Miguel Alvariño, e o burgalés Pablo Acha, caeu derrotado esta fin de semana na final da Copa do Mundo de Lausanne (Suíza) fronte a unha sólida selección alemá. Un novo título para o conxunto español que suma ao ouro na Copa do Mundo de Guatemala e certifica o gran estado de forma no que se atopa o equipo cuxo gran obxectivo é lograr un billete conxunto para competir en Tokio.

Os xermanos dominaron a final desde a primeira tirada e non cederon ningún dos set ata facerse co ouro por 6-0. Os teutóns entraron moi enchufados a esta final e no primeiro set xa se impuxeron por 55-54, e cun solvente 57-55 gañaban o segundo. Xa algo nerviosos os españois, tamén levaron o terceiro por 58-51.

A próxima cita será en xuño en Francia onde se porán en xogo as tres prazas restantes por equipos.