Begonte

O CEIP Virxe do Corpiño aposta pola educación dixital

Por 3 Maio, 2021Sin comentarios

O CEIP Virxe do Corpiño resultou seleccionado para implementar o Proxecto de Educación Dixital (EDixgal) a partir do vindeiro curso 2021/2022.

O alumnado de quinto e sexto de primaria cursará todas as materias en modalidade dixital, sen empregar libros en papel. Para iso, as aulas serán dotadas con encerados dixitais interactivos e cada alumno recibirá un ordenador portátil para o seu emprego na aula e na casa durante todo o curso.

As familias veranse beneficiadas cunha maior alfabetización dixital na súa contorna próxima ademais dos aforros en custos nos materiais educativos.

Este é un novo paso adiante do centro en materia de innovación educativa cunha incorporación decidida das novas tecnoloxías ao proceso de ensino e aprendizaxe.