Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Reparten nos colexios de Castro libros sobre Manuel Becerra

Por 14 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei continuó esta semana co seu proxecto de poñer en valor a figura de Manuel Becerra Bermúdez, un veciño de Ponte de Outeiro, que chegou a estar no máis alto da política nacional do século XIX.

Así, trala inauguración do monolito adicado a súa figura na vila que o viu nacer, acto que tivo lugar no mes de decembro do ano pasado, o Concello continuou estes días con esta labor co reparto do libro que repasa a traxectora de Manuel Becerra.

Trátase da obra de Manuel Vila e Xosé Antón Pombo, financiada polo Concello, unha publicación da que se repartiron as primeiras copias no acto de homenaxe ao político e que agora estará nos colexios da localidade tralo envío de 400 copias.

Este reparto fíxose coincidir co Día do Libro e tamén coas Letras Galegas.