Skip to main content
Cospeito

Xa hai gañadoras do concurso fotográfico da Filloa de Muimenta

Por 18 Maio, 2021Sin comentarios

Vai ser o segundo ano, que no Recinto Feiral Manuel Vila non acolleu presencialmente a Festa da Filloa de Muimenta-Festa de Interese Turístico de Galicia.

Pero dende a Moexmu organizouse un concurso de fotografía, coa temática filloa, que reparte un total de 150 euros entre as dúas fotos máis votadas.

Participaron un total de 35 fotos, emitíronse un total de 2.736 votos, sendo a máis votada, con 383 a foto de Fe Legaspi Valiña da Pastoriza e a segunda mellor foto, con 303 votos, a de Paula Francos Anllo de Muimenta. Ambas son filloeiras habituais da Festa da Filloa de Muimenta.

Os vales de 90 e 60 euros respectivamente, faranse entrega ao longo desta semana nunha data que se poida encadrar con ambas gañadoras.