Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol licita obras por valor de 300.000 euros

Por 22 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol licita as obras de dous proxectos moi importantes para o seu rural, xa que con estas actuacións pretenden mellorar e acondicionar varios viais e accesos de seis parroquias distintas do municipio, das trinta e dúas nas que se divide o territorio e a poboación friolense.

A que abarca máis parroquias é a obra de Mellora na pista de Bernadal a Freiría, e accesos de A Grela a San Román, a centro social do Burgo, a Xulacasa, a O Portonovo e a Cerracín coa se pretende actuar e mellorar o día a día dos habitantes das parroquias de Carballo, Burgo de Negral, Condes, Ousá e Vilalvite.  A realización de estas obras supón unha importante inversión, chegando aos 160.000 euros.

Acondicionarase a pista que vai de Bernadal a Freiría, no Carballo. O acceso de A Grela a San Román, e o acceso ao centro social do Burgo, ambos no Burgo de Negral. O acceso a Xulacas en Condes. O acceso a O Portonovo en Ousá. E o acceso a Cerracín, en Vilalvite.

Os accesos referidos están en mal estado por diversos motivos como as condicións meteorolóxicas, o paso de vehículos e maquinaria pesada, entre outras moitas, polo que a circulación normal de vehículos vese dificultada en determinadas zonas.

Outra obra que se vai levar a cabo é a Pavimentación do vial Currás, Torre da Luz, Xiá, que pertence á parroquia de Xiá, unha das máis grandes do municipio, e polo tanto unha das que conta con maior número de quilómetros de vías. En estas obras farase unha inversión de 125.000 euros.

A necesidade pública a satisfacer con este contrato é proceder á pavimentación do vial que comunica os núcleos de Currás, Torre da Luz e Xiá, que presenta mal estado de conservación debido á súa antigüidade, uso e inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo, polo que urxe a súa rehabilitación.

Todas as actuacións a levar a cabo, que se van empezar a realizar en breve, van facer que os veciños e veciñas do municipio teñan máis fácil a circulación por estas vías.

Estes proxectos financiaranse con cargo ó Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021.

O Equipo de Goberno capitaneado por Jose Á. Santos insiste en levar a cabo este tipo de actuacións, que fan que os desprazamentos de vehículos e maquinaria poidan realizarse sen problemas e “intentamos ter en boas condicións toda a rede viaria do municipio para facilitar os accesos á veciñanza de Friol e tamén ás persoas de fora do Concello que queiran ou precisen vir a Friol, tanto por lecer como por motivos laborais” engade o Alcalde, “e sobre todo facilitar as labores diarias dos veciños e veciñas que teñen explotacións gandeiras ou agrícolas, xa que o sector primario é a base do noso concello, polo que debemos apoialo en todo o que poidamos”, remarca o rexedor.