Skip to main content
Axenda Caducada

Guitiriz acolle unhas charlas sobre a prevención do acoso escolar

Por 5 Maio, 2021Maio 10th, 2021Sin comentarios

O vindeiro luns, 10 de maio, a asociación Educando en familia en colaboración co Concello de Guitiriz, organiza unhas charlas para todas as familias deste municipio sobre a prevención do acoso escolar e o risco das novas tecnoloxías.

O acto terá lugar na Casa Habanera ás 16.30 horas e as prazas serán limitadas e asinadas por orde de chegada.

Os ponentes serán formadores do equipo Plan Director da Comandancia de LugoHéctor Méndez Fernández e Ramón Peña Pérez.