Skip to main content
Guitiriz

Entregados os premios aos gañadores do trivial do Fin do Camiño

Adrián Vázquez Ventosiños resultou gañador do sorteo Trivial O Fin do Camiño, organizado polo Concello de Guitiriz con ocasión da celebración da exposición do mesmo nome do colectivo Egeria. Este xogo céntrase no obxectivo que move a unha persoa a percorrer o Camiño, amosando o aspecto espiritual da vía e do camiñante co fin de promocionar e difundir entre os veciños e veciñas de Guitiriz o Camiño de Santiago, un dos atractivos principais de Galicia.

A concelleira de Turismo, Pilar Vázquez, e o presidente da Debares – Asociación de hostaleiros de Guitiriz, Chicho, foron os encargados de entragar o agasallo.

O premio consiste nunha comida para dúas persoas por xentileza de Debares, un lote de libros, un pack promocional de Galicia composto por un suadoiro, un lote de máscaras e un chaveiro.

O trivial tiña un mecanismo moi sinxelo. En cada establecemento hosteleiro e na Casa Habanera, os participantes tiña a súa disposición  un cartel de difusión da exposición, no cal estaba impreso un código QR, que levaba ao xogo. Os que responderon respondan de maneira correcta a todas as preguntas entraron no sorteo.