Skip to main content
Guitiriz

Nova iniciativa da biblioteca de Guitiriz

Por 14 Maio, 2021Sin comentarios

A biblioteca municipal da Casa Habanera lanza unha nova iniciativa baixo o título ‘O Pracer de Escoitar’, unha nova iniciativa coa que se pretende lograr a colaboración cidadá.

Cada mes terá un propósito e este, co motivo das Letras Galegas, adicarase a Xela Arias.

Os usuarios poden participar de dúas maneiras. Por unha parte achegar unha gravación lendo un poema de Xela ou creando unha cuña publicitaria de 20 segundos, poñendo en valor a súa figura e convidando á veciñanza a visitar a exposición que se lle adicará na Casa Habanera do 7 ó 14 de xuño.