Skip to main content
Meira

O Concello de Meira vén de estrear unha nova web

Por 13 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Meira vén de estrear unha nova web, que ten o dobre obxectivo de informar da actualidade municipal aos veciños, así como servir de escaparate publicitario, dándolle prioirdade a imaxe.

Totalmente renovado, o novo portal de Meira ofrece algunhas novidades como unha maior visualización dos rincóns singulares do municipio, tanto dos máis coñecidos, como daqueles outros que están comezando a poñerse en valor.

Así mesmo, conta cun apartado de información municipal no que se van subindo as novidades que se ofrecen dende o ente municipal.
Dan unha especial relevancia ao apartado cultural, no que destacan o labor de entidades como a escola de música ou o colectivo Avelino Díaz; e crearon tamén un apartado para a Vía Rexia, explicando a súa formulación e percorrido, xa que Meira é un dos concellos incluídos nesta ruta alternativa ao Camiño.

Tamén conta cun amplo directorio de empresas, creado para impulsar os negocios locais e no que foron os propios empesarios os que se anotaron cando o Concello fixo a invitación o ano pasado.

“Non están todos pero si todos os que quixeron estar”, subliñan dende o Concello, que fixo unha división por sectores para poder localizar mellor o tipo de negocio que se busca.

A nova web contou cun orzamento de 6.000 euros e está aínda perfilando detalles e facendo cambios.