Skip to main content
Meira

O Concello de Meira estudará cos veciños a ampliación do polígono

Por 18 Maio, 2021Agosto 22nd, 2021Sin comentarios

O Concello de Meira e a asociación de empresarios da localidade estudan a posible ampliación do polígono industrial. Para ver as súas posibilidades, veñen de convocar unha reunión o vindeiro venres, día 21, no salón de actos do centro sociocultural da localidade.

As dúas institucións destacan a “necesidade urxente” de ampliar a capacidade do actual polígono industrial de Meira e manifestan o seu compromiso para traballar “conxuntamente para defender o interese común e satisfacer as necesidades das súas empresas actuais e futuras”.

A esta reunión están convocados todas aquelas persoas e empresas que estean interesadas en novo solo industrial polo que esperan poder reunir todas as solicitudes e facer unha proposta común ás institucións de cara a conseguir un respaldo económico desta iniciativa.