Skip to main content
Muras

Artesanía e música uníronse na Romaxe Artesá da Chaira de Muras

Por 23 Maio, 2021Sin comentarios

Este sábado celebrouse a Romaxe Artesá da Chaira que se celebrou en Muras, cun formato adaptado ás circunstancias sanitarias. Contou cunha mostra de artesanía instalada na área recreativa da Veiga con 17 postos de venda, ademais de demostracións en directo e
obradoiros.

As persoas asistentes puideron desfrutar de xogos tradicionais, actuacións musicais, representacións teatrais e unha actividade de
iniciación á astronomía cunha observación nocturna do ceo no Viveiró.

Esta foi a quinta edición desta cita e achegou a moitos visitantes que tiñan moitasa ganas de comezar a tempada de feiras de artesanía e desfrutar do bo tempo.