Skip to main content
A Pastoriza

Continúan co desbroce de pistas sen asfaltar en camiños rurais na Pastoriza

Por 18 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza continúa reparando e desbrozando as pistas de concentración parcelaria sin asfaltar que dan acceso a parcelas agrícolas.

En maior ou menor medida actuouse practicamente en todas as parroquias, fixéronse drenaxes de auga, desbroces e reafirmados con zahorra.

Coa chegada do bo tempo, comezaron a traballar nas vías de asfalto, co desbroce delas e nos próximos días van iniciar tamén o bacheo. Segundo explica a concelleira de Medio Rural, Elva Carrera continuarán con varias obras de asfaltado. Nos próximos días iniciarán o proceso de contratación para iniciar as reparacións o antes posible.