Skip to main content
Axenda Caducada

A ITV móbil agrícola estará en Pol a final de mes

Por 10 Maio, 2021Xuño 2nd, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da ITV entre os días 31 de maio e 2 de xuño en Pol para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o último día que será só de mañá.

A unidade móbil estará situada en Mosteiro, na praza de Galicia.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.