Skip to main content
As Pontes

Caravana contra Endesa, que anuncia que centralizará o seu proxecto de futuro nas Pontes

Por 1 Maio, 2021Maio 3rd, 2021Sin comentarios

Aproveitando a celebración da Xunta de Accionistas de Endesa, uns cen vehículos participaron no mediodía deste venres nunha caravana de automóbiles que percorreu o centro urbano das Pontes para rexeitar os recortes no convenio colectivos de Endesa. Na protesta estiveron presente tanto persoal activo como pasivo, que quixeron denunciar acto a eliminación de beneficios sociais que padecen ambos os colectivos tras a firma do último convenio entre a empresa e o sindicato UXT.

Os convocantes desta protesta foron os sindicatos CCOO, CIG, SIE e APREN, que aseguraron que con este novo documento regulador eliminouse a axuda de estudos, ademais das bonificacións no consumo eléctrico coas que viñeron contando tanto os traballadores en activo como os xubilados.

A mobilización partiu preto das 12.30 horas do aparcamento da Casa da Enerxía, en Perfolla e percorreu unha boa parte das rúas e avenidas das Pontes. Ademais, os participantes fixeron sonara as bocinas dos vehículos ao unísono durante un minuto.

AS PONTES, CENTRO LOXÍSTICO DE ENDESA

Mentres esta concentración tiña lugar, o conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, anunciaba un cambio de ciclo para As Pontes. A eléctrica dá por enterrada a central térmica e propón compensar este peche con investimentos en enerxías renovables na comarca e coa creación dun novo hub a través do cal a compañía coordinará toda a súa rede de parques eólicos en España.

Trátase dunha das principais iniciativas que Endesa proxecta para o concello das Pontes unha vez que se produza o peche da central térmica. O Concello das Pontes, a Xunta de Galicia e o Goberno central apostaron porque a central tería viabilidade económica se substituíse o carbón por biocombustibles, mentres que a compañía, que continúa realizando probas, nega que este plan sexa factible nin desde un plano económico nin técnico.

Mentres as administracións e a empresa manteñen visións contrapostas sobre o futuro da central térmica, José Bogas adiantou na xunta xeral de accionistas que xa ultima o plan para substituír a pegada do carbón por enerxías renovables. Propoñen substituír os 1.468 megawatts térmicos da central por 1.505 megawatts renovables no período 2020-2026. Para iso investirán uns 1.580 millóns de euros e crearán uns 1.250 empregos directos de media anual nos seis anos da fase de construción.

Ademais, o conselleiro delegado de Endesa situou ás Pontes como a avanzada dos seus proxectos para sumarse ao boom do hidróxeno.