Skip to main content
As Pontes

Primeiras confirmacións para o festival Sons da Bocanoite das Pontes

Por 28 Maio, 2022Maio 29th, 2022Sin comentarios

A axenda cultural do Concello das Pontes convoca para o 2 de xullo a terceira edición do Sons da Bocanoite, un festival que naceu co obxectivo de manter a programación cultural e dinamizar o sector hostaleiro da vila pontesa, nun momento marcado polas restricións sanitarias derivadas da covid 19.

Trátase dunha iniciativa coa que o Concello das Pontes amosa o seu apoio ao sector así como aos grupos do pobo que comezan a súa carreira musical ao mesmo tempo que demostra que a cultura é segura.  

Así,  terceira edición de Sons da Bocanoite avanzou xa algún dos grupos que encherán de música a vila pontesa.

Nesta ocasión xa está confirmada a participación de TéCanela, La Otra, Yoly Saa ou El Jose, entre outros que se irán desvelando en próximas datas.

O festival toma o seu nome do momento do día no que cae a noite.