Skip to main content
Vilalba

O Iescha acolle unha conferencia sobre Xela Arias

Por 4 Maio, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos, Iescha, dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2021, organiza a conferencia Xela Arias, a vida ía en serio, impartida por Marta Veiga Izaguirre, profesora e xornalista. 

O acto terá lugar o venres 7 de maio de 2021, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

A entrada é libre ata completar aforo, cumpríndose estricta mente a normativa anti-covid.