Skip to main content
Vilalba

Licitadas as obras de reforma no IES Lois Peña Novo de Vilalba

Por 5 Maio, 2021Maio 7th, 2021Sin comentarios

Licitaronse as obras de reforma que acometerá no IES Lois Peña Novo de Vilalba, ás que se destinan 247.000 euros.

Os traballos incluirán a substitución da cuberta e das carpinterías exteriores e a reparación da fachada, conforme ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con 191 millóns de euros.

As actuacións levaranse a cabo nos edificios principal e secundario e permitirán reducir o consumo enerxético do centro ao mellorar as condicións de illamento. En concreto, substituirase a cuberta existente de lousa por outra de panel sándwich e cambiaranse as ventás que non foran renovadas nos últimos anos por unhas con dobre acristalamento e apertura oscilobatente, similares ás que se colocaron recentemente.

Tamén se mudarán os canlóns e baixantes por uns de aceiro galvanizado. Ademais, a fachada exterior do edificio principal dotarase dun novo sistema de revestimento tipo Capatect para mellorar o illamento térmico.

As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o vindeiro 18 de maio, segundo explicou Arias. Tamén apuntou que o prazo estimado de execución dos traballos  será de dous meses. 

O IES Lois Peña Novo data do ano 1976 e consta de tres edificios: o principal, o secundario e o de talleres, froito dunha ampliación posterior e conectado co inmoble principal. En 2020 a Xunta instalou unha nova sala de caldeiras cun sistema de produción térmica de biomasa.

O novo proxecto favorecerá o aforro enerxético e económico e contribuirá a contar cun centro máis cómodo e seguro para acoller a actividade diaria que nel se desenvolve, en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que o Goberno galego, un documento que nestes momentos se atopa en fase de diálogo con diversos colectivos para o seu enriquecemento.