Skip to main content
Vilalba

Inaugurado o monolito na honra do director Varela Veiga

Os xardíns do colexio Insua Bermúdez de Vilalba contan xa co monolito adicado a José Antonio Varela Veiga, quen fora o primeiro director do mesmo.

O colexio acolleu un acto para inaugurar esta peza homenaxe, que foi realizada en pedra de granito polo artista chairego Marcos Ladra. Non faltaron durante o acto palabras sentidas de lembraza ante a figura do director, a cargo da comisión organizadora e mesmo dos invitados ao evento, entre os que estaban os fillos do homenaxeado.

O acto foi amenizado polo grupo de música tradicional Buxos Verdes.

Os cartos para sufragar esta homenaxe foron recolectados entre a comunidade educativa producindo un excedente de cartos que se destinarán á compra de libros en galego para a biblioteca do centro.