Skip to main content
Vilalba

Comezaron as obras dun novo parque no Ceip Terra Chá de Vilalba

Por 11 Maio, 2021Sin comentarios

Durante esta semana comezaron as obras de construción nun novo parque para o alumnado de primaria do Ceip Terra Chá de Vilalba.

Será un patio dinámico a raíz do Plan Proxecta: Proxecto Terra, que foi solicitado polo centro e aprobado pola Consellería de Cultura e Educación o cal financia todo o proxecto, e que consiste en poñer zona axardinada con área de descanso para o alumnado e unha zona de xogos dinámicos no chan.

Este é un proxecto diferente e innovador que estará rematado pronto.