Skip to main content
Vilalba

O PSOE pide no Parlamento o compromiso para o centro de día de Vilalba

Por 20 Maio, 2021Sin comentarios

O deputado Autonómico do PSdeG-PSOE Luís Álvarez avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias “para que o Goberno de Feijóo inicie neste ano a construción dun centro de día en Vilalba, para que entre en funcionamento no menor tempo posible e, en todo caso, no ano 2022”.

Álvarez lembrou ademais a dobre vara de medir que utilizou o PP de Vilalba neste iniciativa tan importante para a vila. “Primeiro, porque o PP gobernou o Concello ata o 2019 coincidindo dende o ano 2009 cun goberno do mesmo partido na Xunta de Galicia, sen que tal dotación formase parte das súas demandas. E en segundo lugar, porque a proposta do Partido Popular está vinculada aos fondos Next Generatión, sen saber neste momento se tal posibilidade se vai materializar. Polo tanto o PP primeiro non o demandaba,  e tampouco reclamaba unha investimento real para executalo. É dicir sen prazos e sen financiamento, polo tanto un brindis ao sol”.

Así as cousas “é publica e notoria a necesidade dun centro de día para o concello de Vilalba por parte do Partido Popular dese concello, e tendo en conta que os orzamentos da Consellería de Política Social, en palabras do propio Goberno da Xunta de Galicia, “supoñen a maior inversión da historia”, entendemos que con fondos Next Generation ou sen eles, ábrese unha clara ventá de oportunidade para que Vilalba conte con esta dotación, posto que non cuestionamos o verdadeiro compromiso e consenso político que se dá neste momento”, sinala o deputado.

Emendas nos orzamentos da Xunta

Pola súa banda a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro lembrou que o Grupo Socialista presentou diversas emendas aos orzamentos da Xunta, e incluso iniciativas no propio Concello “co fin de cumprir unha vella demanda que reclamaba a cidadanía para dotar dun centro de dia ao noso Concello, pero unha vez máis o PP pasou o rodillo e votou en contra das propostas que incluían a dotación deste novo edificio asistencial”, insistiu.

“Vilalba é un dos concellos máis importantes da provincia de Lugo, cunha poboación envellecida, como a maioría dos concellos lucenses, por iso merecemos uns servizos públicos de calidade, e sobre todo que dean resposta ás demandas da nosa poboación. Vilalba ten que ter un Centro de Día, o PP e o Goberno de Feijóo non pode ningunear e darlle as costas a nosa vila con falsas promesas, fai falla investimento real e compromiso político para construír este novo edificio que atenda aos nosos maiores, meréceno”, resumiu.