Skip to main content
Vilalba

Controlado o incendio na nave de Jamones Otero en Goiriz

Por 23 Maio, 2021Sin comentarios

A nave da empresa Jamones Francisco Otero, situada na parroquia vilalbesa de Goiriz, sufriu onte a noite un voraz incendio e aínda que o lume xa está controlado os servizos de emerxencias atópanse arrefriando a zona.

A Xunta activou onte a noite o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias e obligou aos bombeiros de Vilalba, Lugo, Barreiros e As Pontes, así como efectivos de Medio Rural e Protección Civil.

Ademais dos recursos mencionados e das tres motobombas, dúas de Medio Rural e unha do Concello, o Grupo Loxístico da Axega desprazouse ao punto unha cisterna e un equipo de iluminación, para facilitar o traballo dos profesionais de extinción e que viu desde A Estrada.

O lume orixinouse sobre ás 20.00 horas e probablemente no almacén pero aínda non se coñecen as causas.

A nave afectada está situada na estrada de Oviedo N-634 diante do restaurante Montero.