Skip to main content
Xermade

Xermade adxudica as obras do Plan Único 2020

Por 7 Maio, 2021Maio 8th, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local de Xermade adxudicou as obras incluídas no Plan Único deste ano.

A obra de maior envergadura, a mellora de firme en Buscalte, Roupar, Bidueiral, Souto, Aguillón, Pena, Cerveira, Sanche, Leboré, Folgueiras e Seixido foi adxudicada a Cholo SL, que realizou unha oferta económica de 72.519,05 euros e unha ampliación do prazo de garantía de 2 anos.

A baixa obtida nesta licitación ascende a 18.791,77 euros, cartos que irán destiñados á mellora dun camiño en Miraz.

O resto dos investimentos foron adxudicados pola Alcaldía, ao tratarse de contratos menores. Por unha banda dento do capítulo de mellora de equipamentos, a reforma do local municipal en Momán, foi adxudicado a TYC Canosa SL por importe de 10.208,03 euros. A mellora da parcela anexa a polideportivo en Xermade será para Francisco Gómez y Cía SL por importe de 30.822,77 euros.

Así mesmo, a reposición de luminarias en Lousada, Burgás e Cazás e ampliación de alumeado público en Lousada, estará a cargo de Moncho y Santomé, por importe de 20.674,79 euros e as melloras ofertadas.

A mellora de beirarrúas en Momán foi adxudicada a Cholo SL por importe de 23.708,64 euros e a construción de novos nichos en Roupar a TYC Canosa SL por 12.130,71 euros.

Tamén acordaron que a reforma puntual da antiga escola de Cazás-A Casavella estea a cargo de José Ramón Carracedo Rouco, na que se investirán 19.945,23 euros.

Finalmente, a contrución da zona de xogos infantís en Xermade corresponderá a Instalaciones Bahía Park SL en 10.035,45 euros.